Susana Sánchez Arins e Marta Chaves gañan o certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2019, organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela. Os poemas serán interpretados na Gala que se realizará en outono, xunto coas cancións premiadas de Tanxugueiras e Os Azeitonas, e a participación de Uxía, premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona.
