26M | GALERÍA DE IMAXES | Así foi o inicio da campaña das eleccións municipais nas sete cidades galegas
Fálase
A Xunta propón que o ano próximo San Xoán sexa festivo. Ao coincidir dous festivos estatais en domingo (1 de novembro e 6 de decembro), en Galicia substituiranse por San Xoán (24 de xuño, mércores) e San Xosé (19 de marzo, xoves). Tamén será festivo o Día de Galicia (25 de xullo, sábado) mentres que o Día das Letras (17 de maio) cae en domingo.
Feijóo di que o PP estaría aberto a gobernar en coalición con Sánchez e descártase para presidir o partido. O presidente galego di nunha entrevista en Onda Cero que “se Sánchez ofrecese unha coalición, o partido abriríase a esa opción”.
Desde este xoves pódese pedir cita previa para presentar de xeito físico, a partir do próximo martes, a declaración da renda nas oficinas da Axencia Tributaria. Estas son as novidades da campaña deste ano.
Alfredo Pérez Rubalcaba, en estado grave tras sufrir un ictus, segundo informa El Mundo.
Este mércores celébrase en Pontevedra a gala final dos Premios Martín Códax da Música Galega. Repasamos neste espazo unha ducia de artistas e traballos finalistas. A gala pódese seguir ao vivo dende as 21h na web oficial dos premios.
Miquel Iceta será o novo presidente do Senado. Fontes do PSOE confirman que a dirección socialista propón o primeiro secretario do PSC para presidir a Cámara Alta, na que agora a formación que encabeza Pedro Sánchez ten maioría absoluta. Pode selo sendo elixido senador por designación do Parlamento catalán. Informa eldiario.es
A meirega que triunfa no Instagram con imaxes de maquinaria e traballo agroforestal. Vinte preséntanos a Laura Vallejo: “Hai quen aforra para comprar un bolso, eu aforro para unha boa motoserra”, explica.
Pedro Sánchez e Pablo Iglesias fan ver vontade de acordo entre PSOE e Unidas Podemos ás portas da campaña das eleccións municipais, que tamén son autonómicas nunha ducia de comunidades. Tras o encontro na Moncloa ambas formacións dan por feito que as negociacións para a investidura e o novo Goberno de España non serán abordadas ata despois do 26M
Detido por un presunto caso de violencia machista o profesor da USC Luciano Méndez, que defendera publicamente a La Manada. É unha información adiantada pola axencia Europa Press que recolle eldiario.es