A Universidade de Santiago confirma a eliminación do requisito de acreditar o coñecemento dunha lingua estranxeira para obter a titulación de grao. Vén de ser aprobado polo claustro da institución académica.

A Universidade de Santiago confirma a eliminación do requisito de acreditar o coñecemento dunha lingua estranxeira para obter a titulación de grao. Vén de ser aprobado polo claustro da institución académica.
Falece Alfredo Pérez Rubalcaba. O que fora vicepresidente do Goberno central, ministro de González e Zapatero e secretario xeral do PSOE morre aos 67 anos por mor do ictus que sufriu o pasado mércores.
A profesora galega Helena Miguélez-Caballeira, directora do Centro de Estudos Galegos de Gales, aceptada na Gorsedd Beirdd Ynys Prydain, a orde que honra ás persoas pola súa contribución ao País de Gales e á lingua galesa.
A Fundación Coppetiers analiza en Flensburgo os desafíos dos medios de comunicación editados en linguas minorizadas en Europa. María Yáñez, directora de Vinte, expón nas xornadas o proxecto da revista e mais de Praza.gal.
26M | Abel Caballero podería seguir gobernando Vigo con maioría absoluta tras as municipais, segundo unha enquisa de Infortécnica para Radio Vigo que outorga ao PSdeG entre 16 e 18 edís na cidade, augura descensos de PP e Marea de Vigo e prevé un posible retorno do BNG á corporación municipal. (Imaxe: PSOE Vigo)
26M | GALERÍA DE IMAXES | Así foi o inicio da campaña das eleccións municipais nas sete cidades galegas
A Xunta propón que o ano próximo San Xoán sexa festivo. Ao coincidir dous festivos estatais en domingo (1 de novembro e 6 de decembro), en Galicia substituiranse por San Xoán (24 de xuño, mércores) e San Xosé (19 de marzo, xoves). Tamén será festivo o Día de Galicia (25 de xullo, sábado) mentres que o Día das Letras (17 de maio) cae en domingo.
Feijóo di que o PP estaría aberto a gobernar en coalición con Sánchez e descártase para presidir o partido. O presidente galego di nunha entrevista en Onda Cero que “se Sánchez ofrecese unha coalición, o partido abriríase a esa opción”.
Desde este xoves pódese pedir cita previa para presentar de xeito físico, a partir do próximo martes, a declaración da renda nas oficinas da Axencia Tributaria. Estas son as novidades da campaña deste ano.
Alfredo Pérez Rubalcaba, en estado grave tras sufrir un ictus, segundo informa El Mundo.