Os Estados Unidos seguen a tensar as relacións con Irán e amagan cunha intervención militar en vésperas electorais para Trump. Análise en eldiario.es
Fálase
O antigo frade do Cebreiro, condenado a 12 anos de prisión por abusar de dous menores. A Audiencia de Lugo considera probado que cometeu "dous delitos de abuso sexual, un deles continuado, con prevalimento e acceso carnal" e "outro delito continuado de utilización de menor para elaboración de material pornográfico". Na imaxe, o acusado captado polas cámaras da TVG durante o xuízo.
AO VIVO | 26M | Dende as 18:00, debate entre aspirantes á alcaldía de Santiago con Martiño Noriega (Compostela Aberta), Agustín Hernández (PP), Xosé Sánchez Bugallo (PSdeG) e Goretti Sanmartín (BNG). A retransmisiónn directo dende a Facultade de Ciencias Políticas da USC, nesta ligazón.
O Tribunal Supremo rexeita excarcerar os líderes de ERC e JxCat en prisión preventiva, pero Oriol Junqueras, Raül Romeva, Jordi Turull, Josep Rull e Jordi Sànchez poderán acudir á constitución das Cortes o vindeiro 21 de maio como deputados e senadores electos.
Comeza arestora na TVG o debate entre os principais candidatos á alcaldía na Coruña. Pódese seguir nesta ligazón
O CD Lugo anula o Día do Club para o derbi ante o Deportivo do domingo e devolverá o importe das entradas xa retiradas. A decisión da directiva de cobrarlles aos socios nun partido decisivo creara un "unánime malestar" expresado pola Federación de Peñas, que convidara o club a "rectificar" e animara os seareiros a non mercar billete ningún.
O Goberno de España retira unha fragata dun grupo de combate encabezado polos Estados Unidos a causa da escalada de tensión con Irán tras rachar o Goberno de Trump o acordo nuclear con este país. Na imaxe, a fragata Méndez Núñez en Ferrol.
O Caudal Fest xa ten datas: a segunda edición do festival celebrarase o 20 e 21 de setembro en Lugo.
26M | Dende as 13:00 a Radio Galega emite debates electorais coas principais forzas políticas que concorren en Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo e Santiago e o martes, coas de Pontevedra e Ferrol.
26M | O PPdeG evidencia a súa disposición a pactar con Vox se o precisa para optar a algún goberno nas cidades galegas. Así o manifestou o secretario xeral dos populares nunha entrevista na Cadena SER