De Guindos: "As catro entidades que están en mans do Estado (entre elas Novagalicia Banco) serán subastadas en breve"
Fálase
O Goberno obrigará ás entidades a realizar un saneamento de 50.000 millóns. Medran os problemas para Novagalicia Banco polos activos adxudicados e demais exposición ao sector da construción
Pachi Vázquez apoiará a Alfredo Pérez Rubalcaba no congreso federal do PSOE que principia mañá. Cóntao El País Galicia
Les Noticies, o único xornal impreso en asturiano, pecha a súa edición en papel. Continuará na web.
A Mesa informa de que o seu presidente, Carlos Callón, "será xulgado por recriminar ao xuíz decano da Coruña que incumprise a Lei de Normalización Lingüística"
Carlos Aymerich subliña que o seu cargo como voceiro parlamentario do BNG está á disposición da Executiva do Bloque. Moitas olladas postas sobre Ana Pontón como posible substituta.
Luis de Guindos presenta esta tarde a reforma financeira que aprobará este venres o Consello de Ministros
Consello da Xunta: Nos próximos días, o Goberno galego dará a coñecer un "decálogo" de "esforzos" para os traballadores públicos. "Estou convencido de que o entenden porque teñen garantida a súa nómina", sinala Feijóo.
Consello da Xunta: Feijóo coida que eliminar Educación para a Cidadanía é positivo porque "nas aulas non debe haber política"
O primeiro ministro italiano, Mario Monti, pide á xente nova que non se "acostume" a ter traballo fixo. É "monótono", dixo o mandatario, non elixido nas urnas