Stop Desafiuzamentos informa de que catro activistas máis foron ameazados con sancións por participar en diferentes mobilizacións, polo que son 17 xa os cidadáns multados nas últimas semanas. O colectivo chama a manifestarse contra a "criminalización dos movementos sociais" este xoves na Coruña.
