Falece o deputado do PPdeG Carlos López Crespo, segundo vén de confirmar o presidente da Xunta. Antes da súa chegada ao Parlamento fora alcalde de Outes.
Fálase
Ponte Caldelas rexistrou esta noite un novo tremor de terra (de dous graos na escala Richter) e suma 37 na última semana, que tamén se están sentindo en Pontevedra e Vilaboa.
Nicolás Maduro gaña as eleccións presidenciais en Venezuela cunha participación do 46%. EE.UU. e a UE non recoñeceron estes comicios, que tamén boicoteou unha parte importante da oposición.
O empresario de orquestras Lito debe facer fronte a un novo xuízo con multas millonarias e peticións de penas que suman 35 anos de cadea. Recentemente foi absolto doutros dous delitos contra a facenda pública ao anularse os rexistros efectuados pola Axencia Tributaria
O incendio forestal que se produciu onte na parroquia de Sabucedo (A Estrada) queimou un total de 78 hectáreas. O lume ficou extinguido este domingo ao mediodía.
Venezuela celebra eleccións presidenciais este domingo, nas que Nicolás Maduro opta á reelección fronte a outros tres candidatos. Boa parte da oposición chamou a boicotear os comicios.
O Goberno de Rajoy non acepta o nomeamento dos consellers designados por Quim Torra, por incluír políticos presos ou reclamados pola xustiza, o que implica o mantemento da aplicación do artigo 155 en Cataluña
http://www.aelg.gal/novas-e-comunicados/2018/5/19/obras-ganadoras-dos-premios-da-iii-gala-do-libro-galego
A enquisa que este domingo publica La Voz de Galicia non prevé grandes cambios de cara ás eleccións municipais do vindeiro ano. Marea Atlántica e Compostela Aberta manterían o goberno da Coruña e Compostela, o PSdeG-PSOE faría o mesmo en Vigo e Lugo, o BNG repetiría en Pontevedra e o PP seguiría en Ourense. Tan só en Ferrol os populares poderían acadar a alcaldía polo ascenso de Ciudadanos e a caída do PSdeG. A sondaxe prevé lixeiras subas de Ciudadanos en todas as cidades.
Activo un incendio na Estrada que arrasou xa 20 hectáreas. Tamén houbo lume en Compostela, no monte Pedroso (na imaxe), queimando ao redor de 10 hectáreas.