O Goberno de Rajoy non acepta o nomeamento dos consellers designados por Quim Torra, por incluír políticos presos ou reclamados pola xustiza, o que implica o mantemento da aplicación do artigo 155 en Cataluña
Fálase
http://www.aelg.gal/novas-e-comunicados/2018/5/19/obras-ganadoras-dos-premios-da-iii-gala-do-libro-galego
A enquisa que este domingo publica La Voz de Galicia non prevé grandes cambios de cara ás eleccións municipais do vindeiro ano. Marea Atlántica e Compostela Aberta manterían o goberno da Coruña e Compostela, o PSdeG-PSOE faría o mesmo en Vigo e Lugo, o BNG repetiría en Pontevedra e o PP seguiría en Ourense. Tan só en Ferrol os populares poderían acadar a alcaldía polo ascenso de Ciudadanos e a caída do PSdeG. A sondaxe prevé lixeiras subas de Ciudadanos en todas as cidades.
Activo un incendio na Estrada que arrasou xa 20 hectáreas. Tamén houbo lume en Compostela, no monte Pedroso (na imaxe), queimando ao redor de 10 hectáreas.
Vertele debulla 9 novas que TVE1 no ofreceu en directo mentras si emite a voda do Príncipe Harry e Meghan Markle, como a declaración de Rajoy como testemuña no xuízo da Gürtel, a dimisión de Cifuentes, as manifestacións dos pensionistas ou o sucedido o 1-O en Cataluña
Iglesias e Montero anuncian unha consulta entre as persoas inscritas en Podemos sobre a súa continuidade como secretario xeral e voceira no Congreso ao fío da compra da súa casa.
A xornada Mulleres e Música da Deputación da Coruña reclamou este sábado “lentes lilas” no mundo musical. O evento serviu para elaborar un documento con medidas para incentivar proxectos con política de igualdade establecida ou propostas para introducir cláusulas nas convocatorias públicas que tendan á eliminación de formacións que fomenten o sexismo na música.
Torra designa os encarcerados Turull e Rull consellers do seu novo Goberno. O Executivo de Rajoy advertiu o presidente da Generalitat de que actuaría se nomeaba algún cargo entre os deputados presos
Son xa 107 as persoas mortas no accidente dun avión que voaba dende La Habana a Holguín, en Cuba. O aparello, un Boeing 737-200 da compañía aérea mexicana Damojh, estaba arrendado por Cubana de Aviación.
Ana Blanco, presentadora do TD2, sumouse este venres pola noite á protesta do persoal contra o bloqueo á renovación de RTVE. A xornalista apareceu vestindo cores negras, o símbolo desta mobilización.