Anticorrupción avisa nun escrito de que o caso Bárcenas pode quedar en nada. Varias das acusaciones persoadas na causa insinúan que o ministerio fiscal está facéndolle un favor ao PP
Fálase
O Banco de España contradí a ministra de Emprego, Fátima Báñez, e asegura no seu Boletín Económico que a reforma laboral non freou a destrución de postos de traballo. Tamén certifica que provocou unha redución dos salarios. Neste senso, UGT sinala que dende o inicio da crise os salarios diminuíron un 5,2%, mentres que os beneficios empresariais aumentaron un 3,6%.
Pachi Vázquez e Gómez Besteiro proporán a Manel Vázquez como presidente do Congreso do PSdeG. Ofrécenlle o posto ao rival de Besteiro nas primarias "polo seu compromiso" co partido.
Un erro nos chats de Google, como Hangout, Gtalk ou o propio chat do Gmail, está a provocar que as conversas cheguen a usuarios aos que non van destinadas. Descríbeo Genbeta
Tony Lomba foi un dos protagonistas da xornada de onte no Festival de Cinema de Donostia. Vestido coma o rei Juan Carlos, saudou o público do festival ao berro de "vascongadas, vuestro rey está aquí", acompañando o anuncio do novo filme de Juanma Bajo Ulloa, Rey Gitano.
Traballadores de Navantia volven saír á rúa para exixir carga de traballo. Os operarios decidían hoxe o vindeiro calendario de mobilizacións. Imaxe de @AlvaroSeco.
O Goberno central defende denominar "generalísimo" ao ditador Francisco Franco porque, ao seu xuízo, responde á "bagaxe cultural". Cóntao Público.es
Francisco Aréchaga, novo director xeral de Mineira de Corcoesto, dimite como presidente da Cámara Mineira. As plataformas contrarias ao proxecto solicitaran a súa marcha á fronte da patronal.
Afectados polas preferentes de toda Galicia manifestaranse o vindeiro 5 de outubro en Lugo, no día de San Froilán.
Ferrol pemitirá o acceso dos cans a unha das praias do concello durante todo o ano. O Concello promete que "non será unha cala", senón un "areal principal".