Dimite Gabriel Quiroga, director do Arquivo de Galicia, días despois da presentación do Plan Estratéxico da Cidade da Cultura, que traslada os fondos do Arquivo á Biblioteca de Galicia, destinando o edificio do Arquivo a outros fins
Fálase
Os investigadores do CERN achan unha partícula que podería ser o bosón de Higgs. Veñen de afirmar na presentación dos seus últimos avances que "é un resultado preliminar pero pensamos que é moi contundente e sólido"
Deteñen unha cuarta persoa pola desaparición do Códice Calixtino. Ademais do electricista que traballara na Catedral de Santiago, a súa muller e o seu fillo, a policía detivo no Milladorio a parella deste último
Viñetas desde o Atlántico dedicaralle unha exposición a Dragon Ball na súa edición deste ano, que comezará o 6 de agosto. O evento contará coa participación de ilustradores como R. M. Guéra, Rubén Pellejero Bartolomé Seguí, José Domingo ou Homs
Adicae denuncia que o Banco de España "detectou e tolerou o escándalo das preferentes dende 2009" e mesmo realizou un informe no qu alertaba da excesiva complexidade destes produtos e instaba as entidades a convertelas en accións
O científico e empresario Craig Venter advirte de que “España pode tardar 20 anos en recuperarse dos recortes en ciencia”
O senador popular Juan Morano deixa o partido e pasa ao Grupo Mixto, despois de que fora suspendido polas súas declaracións e polo seu apoio ás reivindicacións dos mineiros. Votou en contra dos Orzamentos xerais en 13 ocasións.
A viúva de Arafat pide a exhumación do seu corpo, despois de que unha investigación xornalística de Al Jazeera revelara que o rais morrera envelenado con polonio.
Deteñen un antigo empregado da Catedral de Santiago como suposto autor material do roubo do Códice Calixtino. O home, electricista, fora despedido cando a Igrexa tivo que regularizar a situación laboral dos seus traballadores
O primeiro ministro francés, Jean-Marc Ayrault, confirma que en 2013 as persoas homosexuais poderán casar e adoptar fillos, cumprindo así unha das promesas electorais do presidente do país, François Hollande. En El País.