O sindicato CGIL, maioritario en Italia, convoca unha folga de oito horas contra a reforma laboral do Goberno de Monti
Fálase
O Ministerio de Economía e Competitividade publica a gráfica de evolución do financiamento a actividades produtivas. Praza adiantou este martes a mesma información
PRNoticias sitúa a Anxo Quintanilla como principal candidato para dirixir RTVE.
Este xoves hai folga xeral en Portugal. O secretario xeral da CGTP, Arménio Carlos, chama á cidadanía lusa a mobilizarse e asegura que a perda dun día de salario "é um investimento no futuro para manter direitos adquiridos"
O ex deputado Pablo Cobián négase a declarar ante a xuíza instrutora do caso 'Campeón'. Asegurou ante os xornalistas que non o fará "ata que non se restablezan os meus dereitos".
Este mércores comeza unha nova rolda de declaracións nos xulgados de Lugo polo caso 'Campeón'. O primeiro en declarar ante a xuíza Estela San José será o ex deputado Pablo Cobián.
Unha entrevista co ex presidente valenciano, Francisco Camps, na revista Telva está a causar unha forte controversia. Tras o coñecido como 'xuízo dos traxes', Camps asegura estar "máis preparado ca nunca" para ser "presidente da Generalitat Valenciana ou do Goberno" central.
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais de San Caetano acordou recompilar os gastos cargados nas tarxetas de crédito por parte dos altos cargos á fin de remitírllelos aos grupos parlamentarios para que pidan explicacións. Tamén aprobaron recompilar información sobre supostos, "que os hai, de uso irregular dos coches oficiais e dos coches da Xunta de Galicia para beneficio privado".
A oficialidade do catalán en Europa, un dos principais obxectivos da visita a Bruxelas do presidente da Generalitat, Artur Mas. En Vilaweb.
A ministra de Fomento, Ana Pastor, cuestiona o proxecto de AVE a Ourense. Cóntao El País.