O PSOE pide hoxe no Congreso a reprobación do ministro Wert. A proposición contra a xestión do titular de Educación será rexeitada grazas á maioría absoluta do PP.
Fálase
O PIB caeu un 0,3% no terceiro trimestre con respecto a xuño, segundo datos do INE. É unha décima menos ca no segundo trimestre e unha décima por debaixo do adiantado polo Banco de España. A caída do PIB en taxa interanual crece e pasa do 1,3% do segundo trimestre ao 1,6% actual.
Os prezos subiron unha décima en outubro, e a inflación interanual sitúase no 3,5%
O Consell General d'Aran aprobou unha moción que reivindica o seu "dereito a decidir" a súa relación con Catalunya se esta aprobase a súa independencia.
O BNG rexeita formar parte do novo goberno municipal de Ourense. O PSdeG-PSOE pasará a gobernar en solitario.
Toda a oposición a CiU critica o video difundido pola Generalitat para chamar ao voto por vencellar as eleccións do 25-N á manifestación da Diada
Telefónica quedou sen o seu mellor cliente coa caída de MegaUpload. A empresa española levaba meses negociando con Kim DotCom para darlle servizo no seu novo centro de datos: Content Delivery Network (CDN).
Deteñen en Ferrol dúas persoas presuntamente relacionadas con Resistencia Galega. Julio César Sayans Suárez e Silvia María Casal Sabin están acusados de realizar actividades de financiamento do grupo.
Novagalicia Banco transferirá ao banco malo activos e préstamos por 7.200 millóns. A entidade adquirirá solo e 'ladrillo' cun desconto medio do 63%, segundo conta El Diario.
A Xunta ratifica que apoia a intervención do Hospital Galego de Bos Aires por parte do Goberno arxentino e culpa o bipartito da crise financeira do centro.