Aprazada a sesión deste mércores da comisión de investigación sobre Angrois no Congreso. A demora que acumula o Pleno da Cámara impide que poidan comparecer na comisión Teófilo Serrano, que foi presidente de Renfe co PSOE, e Mario Garcés, subsecretario de Fomento co PP. As comparecencias retomaranse o próximo mércores para encarar a súa recta final, que rematará coas de José Blanco e Ana Pastor xa en xaneiro.
