El Diario publica unha "guía para manifestantes" baixo a nova Lei de Seguridade, a alcumada como 'lei mordaza'
Fálase
Vence e outros membros do BNG dispóñense a iniciar en Monterroso a 'ruta do cancro' na que acompañarán un paciente do HULA que ten que se desprazar ata A Coruña a ser tratado pola falta de servizo de Radioterapia en Lugo.
O Supremo ratifica a sentenza do TSXG que anulou parcialmente o decreto plurilingüe. O TS rexeita, no entanto, anular o resto do decreto, como pedía a RAG, e desbota que sexa contrario ao Decreto das Linguas Rexionais e Minoritarias. A Xunta, non obstante, dá por "ratificada" a "legalidade" da totalidade do seu texto.
- A asemblea de CxG en Compostela aproba a súa lista para as municipais. Tras o candidato, Xosé Antón López, sitúanse Luísa Bernal, Modesto Toribio e Laura Cereixo
O Congreso aproba a 'lei mordaza' e a oposición promete derrogala. Cóntao El Diario
O Banco Popular avala a fianza do PP no caso Gürtel. Cóntao Infolibre
O avogado Anton Vidal Andión, novo presidente de Editorial Galaxia. Dende o falecemento de Benxamín Casal en 2013 este cargo honorífico permanecía vacante
- A Audiencia provincial absolve os edís de Santiago condenados por prevaricación. A información, esta tarde en Praza
Público entrevista a Naomi Klein, que presenta o seu último libro: Isto cámbiao todo. O capitalismo contra o clima. A autora destaca que "O cambio climático é a narrativa máis poderosa contra o capitalismo"
A investigación do accidente de Germanwings indica que o copiloto esnafrou o avión voluntariamente, segundo informa a Fiscalía. Está a contalo ao vivo El Diario