Público entrevista a Naomi Klein, que presenta o seu último libro: Isto cámbiao todo. O capitalismo contra o clima. A autora destaca que "O cambio climático é a narrativa máis poderosa contra o capitalismo"
Fálase
A investigación do accidente de Germanwings indica que o copiloto esnafrou o avión voluntariamente, segundo informa a Fiscalía. Está a contalo ao vivo El Diario
La Marea e Diagonal lanzan conxuntamente o proxecto Cercanías, un monográfico que analizará a situación social de 60 cidades de toda España, con especial atención a eixos coma o feminismo, o ecoloxismo ou a cultura.
Besteiro ofrece financiamento da Deputación de Lugo para que o servizo de Hemodinámica do HULA abra as 24 horas do día. A proposta será aprobada no pleno da institución e despois, trasladada a Feijóo. Máis información, hoxe en Praza.
A asemblea local de CxG en Compostela vota este xoves as persoas que comporán a candidatura que encabeza Xosé Antón López, candidato á alcaldía
A Casa Real contesta á CRMH da Coruña, que lle pedira que "borrase" as rúas franquistas e que pedise "perdón" polo silencio da monarquía respecto á ditadura. O rei advirte que recibiu a misiva, algo que "valora" a CRMH, que enviará outra carta en tres meses se non se dá resposta ás peticións.
CC.OO. responsabiliza á "improvisación", á "falta de prevención" e a unha "pésima xestión forestal" dos incendios que nos últimos días queimaron 524 hectáreas só na provincia de Pontevedra. "Resulta inaceptable que a única política de Medio Rural para loitar contra os incendios forestais sexa agardar a que chova", afirma o sindicato.
Unhas 500 persoas maniféstanse na Pobra do Brollón para pedir que se cubra a baixa dun médico do centro de saúde. O profesional deixou a súa praza en agosto, e o SERGAS optou por substituílo unicamente dous días á semana.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, négase a declarar no proceso que o investiga por un presunto delito de suborno e permanecerá imputado. En 2008 o deputado provincial Severino Reguera alugou uns locais comerciais propiedade de Louzán por un prezo moi superior ao normal de mercado
Segundo publica o New York Times, un dos pilotos do avión de Germanwings accidentado saíu da cabina de mando e xa non puido volver a entrar, escoitándose nas gravacións previas ao sinistro como tentaba botar a porta abaixo