A asemblea local de CxG en Compostela vota este xoves as persoas que comporán a candidatura que encabeza Xosé Antón López, candidato á alcaldía
Fálase
A Casa Real contesta á CRMH da Coruña, que lle pedira que "borrase" as rúas franquistas e que pedise "perdón" polo silencio da monarquía respecto á ditadura. O rei advirte que recibiu a misiva, algo que "valora" a CRMH, que enviará outra carta en tres meses se non se dá resposta ás peticións.
CC.OO. responsabiliza á "improvisación", á "falta de prevención" e a unha "pésima xestión forestal" dos incendios que nos últimos días queimaron 524 hectáreas só na provincia de Pontevedra. "Resulta inaceptable que a única política de Medio Rural para loitar contra os incendios forestais sexa agardar a que chova", afirma o sindicato.
Unhas 500 persoas maniféstanse na Pobra do Brollón para pedir que se cubra a baixa dun médico do centro de saúde. O profesional deixou a súa praza en agosto, e o SERGAS optou por substituílo unicamente dous días á semana.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, négase a declarar no proceso que o investiga por un presunto delito de suborno e permanecerá imputado. En 2008 o deputado provincial Severino Reguera alugou uns locais comerciais propiedade de Louzán por un prezo moi superior ao normal de mercado
Segundo publica o New York Times, un dos pilotos do avión de Germanwings accidentado saíu da cabina de mando e xa non puido volver a entrar, escoitándose nas gravacións previas ao sinistro como tentaba botar a porta abaixo
Os críticos de UPyD buscan apoios para levar a cabo unha moción de censura contra Rosa Díez. Para que prospere, ten que ser aprobada por dous terzos do consello político da formación.
O BNG amordázase no Parlamento para protestar pola imposibilidade de preguntarlle a Feijóo na sesión de control. É a primeira vez que non pode realizar esta pregunta dende que foron creadas as sesións de control, no ano 2002. A limitación débese ao novo reparto de iniciativas parlamentarias.
A Marea Atlántica vén de presentar a súa ferramenta para un programa colaborativo, na que os veciños poderán facer as súas propostas ata o vindeiro 3 de abril de cara á elaboración definitiva do programa electoral.