Os críticos de UPyD buscan apoios para levar a cabo unha moción de censura contra Rosa Díez. Para que prospere, ten que ser aprobada por dous terzos do consello político da formación.
Fálase
O BNG amordázase no Parlamento para protestar pola imposibilidade de preguntarlle a Feijóo na sesión de control. É a primeira vez que non pode realizar esta pregunta dende que foron creadas as sesións de control, no ano 2002. A limitación débese ao novo reparto de iniciativas parlamentarias.
A Marea Atlántica vén de presentar a súa ferramenta para un programa colaborativo, na que os veciños poderán facer as súas propostas ata o vindeiro 3 de abril de cara á elaboración definitiva do programa electoral.
A fiscalía do TSXG solicita a "conclusión e arquivo do sumario" da investigación sobre Paula Prado no marco da Operación Pokémon e o xuíz instrutor atende a petición "ao non apreciar a comisión de delito", segundo informa o PP. A investigación xiraba en torno á posible comisión de delitos de tráfico de influencias e fraude na súa etapa como concelleira en Santiago. Prado di que a causa foi "inxustamente iniciada".
Gonzalo Trenor (PP) asegura no Parlamento que "ninguén foi encausado por impedir un desafiuzamento". Afirmou durante o debate dunha iniciativa de AGE sobre o desaloxo dunha familia na parroquia compostelá de Aríns. No mesmo debate o deputado de Alternativa Antón Sánchez foi apercibido por afirmar que os populares levan "trinta anos financiándose con diñeiro negro" e a expresión foi retirada.
A Fundación Civio publica o libro Españopoly. Cómo hacerse con el poder en España (o, al menos, intentarlo), de Eva Belmonte, que analiza "cales son as regras do xogo, quen son os principais xogadores e a que intereses responden".
Sin Permiso publica unha entrevista co profesor David Harvey, que destaca que "Hai enerxías para derrotar a oligarquía global. O problema é a incapacidade da esquerda para canalizalas".
David Cal retírase e xa non competirá nos Xogos de Río en 2016. Deixa os seus adestramentos no Brasil por falta de motivación, segundo adianta Marca. O de Cangas é o mellor deportista galego e español nuns Xogos Olímpicos.
A acusación popular reclama a imputación de Acebes e De Cospedal no caso da 'caixa B' do PP. En El Diario
A Consellería de Educación ratifica que 4º da ESO terá un itinerario orientado ao mundo laboral e outro, ao académico, desenvolvendo así a Lei Wert. Recólleo Faro de Vigo