Vence presenta o primeiro treito da candidatura do BNG en Lugo, que encabeza Rubén Arroxo, como "ilusión fronte aos espíritos desgastados que campan pola cidade". As municipais, afirma, serán un "punto de inflexión" no que a "cidadanía rebelde vai poñer freo ás políticas de recortes do PP".
