Un documental da BBC di que refuxiados sirios son explotados por provedores de Zara, Mango ou H&M. Traballan até 12 horas diarias e sen as condicións de seguridade axeitadas.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/580de50930a52-_92014350_wideinsideastekstil.jpg)
Un documental da BBC di que refuxiados sirios son explotados por provedores de Zara, Mango ou H&M. Traballan até 12 horas diarias e sen as condicións de seguridade axeitadas.
O BNG pide á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que ampare xa ás vítimas de Angrois. Hai case dous anos que os afectados solicitaron ser escoitados e aínda non lles deron data. A voceira nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, denuncia presións de PP e PSOE para adialo.
O Goberno francés está a desaloxar o gran campamento de persoas refuxiadas de Caláis, onde se calcula que hai máis dun milleiro de menores non acompañados. Le Monde ofrece aquí as principais cifras do desmantelamento (Imaxe: @StefSimanowitz)
O presidente do Parlamento lamenta que haxa "vestimentas que deixan moito que desexar" entre membros da Cámara galega. Santalices deixou esta reflexión nunha entrevista na SER, na que di esperar ser lembrado por "pasar desapercibido e deixar traballar".
O ex-secretario de organización do PPdeG, Pablo Crespo, declara este luns no xuízo do caso Gürtel. Crespo é considerado o 'número dous' da trama corrupta.
#WOMEX16 O Womex despídese de Santiago coa entrega de premios, na que a artista caribeña Calypso Rose foi distinguida como mellor artista. A vindeira edición da feira de músicas do mundo celebrarase, en 2017, na cidade polaca de Katowice
Portugal terá orzamentos participativos por primeira vez. Un autobús percorre o país ata decembro para recoller as propostas cidadás sobre o destino duns 3 millóns de euros nas contas de 2017 do Executivo do socialista António Costa, que goberna co apoio do PCP e o Bloco de Esquerda. Cóntao o xornal Público.
VÍDEO | #Onosoderbi Así soou o himno galego no inicio do Celta-Dépor en Balaídos, interpretado pola cantante Andrea Pousa. Gravación distribuída polo RC Celta.
O Comité Federal do PSOE aproba absterse para permitir a investidura de Rajoy por 134 votos a 97. A información da xuntanza dos socialistas, minuto a minuto
#onosoderbi Finaliza o derbi cun claro triunfo do Celta por 4-1 fronte ao Dépor. Os goles vigueses foron de Hugo Mallo, Iago Aspas e Orellana e polo Dépor anotou Raúl Albentosa.