Xaime Isla Couto, Presidente de Honra e Cofundador da Editorial Galaxia, faleceu esta mañá en Vigo. Militou dende rapaz no galeguismo político, nas Irmandades da Fala e nas Mocidades Galegiustas. Durante a ditadura participou na constitución da editorial SEPT e da Fundación Penzol.
