Xuices e fiscais realizarán este mércores un paro dunha hora, entre as 12 e a 1 do mediodia, e tamén concentracións ante as sedes xudiciais para protestar polas reformas emprendidas polo Ministerio de Xustiza de Gallardón.
Fálase
Wert será o protagonista da sesión de control ao Goberno que se está celebrando no Congreso. ERC, Esquerda Plural, CiU e PSOE proguntaranlle polo seu proxecto de reforma educativa
A Xunta esixirá cambios na metade das carreiras universitarias galegas argumentando que incumpren obxectivos de calidade segundo os criterios de ACSUG.
CiU e ERC pactan convocar unha consulta sobre autodeterminación en 2014. O acordo desbloquea as negociacións para que ERC apoie a Mas.
Stop Desahucios denuncia que Kutxabank non cumpre co seu anuncio de suspender os desafiuzamentos
Hugo Chávez será operado nunhas horas na Habana do cancro que sofre
O fondo de rescate transfire a España os 40.000 millóns para a banca nacionalizada. A axuda chegará a entidades como Novagalicia Banco durante este mes.
A ministra de Emprego, Fátima Báñez, non acudiu ao consello europeo de ministros de Traballo para acudir á recepción oficial do Día da Constitución. Cóntao El Diario.
O xuiz da Audiencia Nacional Eloy Velasco vén de procesar a Xurxo Rodríguez Oliveira, Diego Santín Montero Héctor e José Naya Gil, alias 'Koala', por un delicto de pertenenza a organización terrorista e outro de colocación de explosivo terrorista. Acúsaos de pertencer a Resistencia Galega e de colocar tres artefactos explosivos en el monte Sampaio de Vigo o pasado 4 de agosto. Tamén acusa de "encubrimiento terrorista" a Artur Rodríguez Oliveira e Noa González Pérez.
O escritor vasco Willy Uribe, en folga de fame para esixir o indulto de David Reboredo