Twitter traballa na posibilidade de poder compartir mensaxes de ata 10.000 caracteres na rede social. Recólleo eldiario.es
Fálase
Fomento licita un treito da autovía coa que prevé atravesar a Ribeira Sacra malia pór en risco a súa declaración como Patrimonio da Humanidade e á oposición veciñal. O PP galego, pola súa banda, defende que o vial "non toca a Ribeira Sacra".
PSOE e Podemos prevén iniciativas contra a LOMCE ou a reforma laboral no Congreso mesmo antes da formación do novo Goberno de España. Cóntao eldiario.es
Aumentan as vendas de vacinas contra a meninxite a poboación galega en Portugal e o Sergas pide calma. Recólleo Faro de Vigo
O número de demandantes activos de emprego caeu en España en decembro en 55.790 persoas, pero creceu en Galicia en 3.650, a comunidade autónoma cun maior incremento. Ademais, no derradeiro mes de 2015 o número de afiliados e afiliadas á Seguridade Social creceu no conxunto do Estado en 85.314 persoas, descendendo pola contra en 3.008 en Galicia, de novo o territorio no que máis emprego se perdeu. No conxunto do ano creáronse en Galicia 19.641 postos de traballo, un punto por debaixo da media española.
Os galegos e galegas necesitan case oito anos (7,8) de ingresos íntegros para mercar unha vivenda de tipo medio, segundo o Índice de Esforzo Inmobiliario que recolle o último Informe Trimestral da Sociedade de Tasación
Xosé Manuel Beiras e Pablo Iglesias reuniranse este martes para analizar o contexto político e a coordinación das distintas forzas de esquerda. Os deputados e deputadas de En Marea recollerán este venres conxuntamente as súas súas actas.
El Diario entrevista a deputada da CUP Anna Gabriel, que recoñece que a súa formación non foi capaz de escapar do debate entre Mas e a convocatoria de novas eleccións. Di que fracturar a CUP é o mellor agasallo que lles poden facer aos seus adversarios políticos e engade que "ogallá puidéramos explorar con En Comú o terreo do proceso constituínte"
Oriol Junqueras (ERC) rexeita a convocatoria de eleccións en Catalunya, di que o acordo de investidura é aínda posible e insta a Junts pel si e CUP a sentar a negociar. "O mandato do 27-S é para agora", di.
Antonio Baños renuncia ao seu escano pola CUP tras a decisión da formación de non apoiar a investidura de Mas. El Nacional publica a súa carta de dimisión, na que explica os seus motivos, "estritamente políticos".