Os PAS da USC piden a dimisión da xerencia da USC e anuncian mobilizacións. O venres entran en vigor as novas condicións laborais para este colectivo. Este xoves decidirán o calendario de protestas
Os PAS da USC piden a dimisión da xerencia da USC e anuncian mobilizacións. O venres entran en vigor as novas condicións laborais para este colectivo. Este xoves decidirán o calendario de protestas
O Washington Post lanza unha aplicación, que presenta como unha "máquina da verdade", que transcribe as declaracións que alguén fai e comproba se nelas se falta nalgún momento á verdade
Interior non vai sancionar os antidisturbios que cargaron en Atocha. A policía di que as cargas do 25S foron "proporcionadas".
Feijóo forza a integración dos seus afins na executiva provincial do PP de Ourense a través dun un cambio de estatutos que obriga a que os membros da executiva autonómica tamén o sexan das provinciais. Porén, Baltar quere manter a Rosendo Fernández como secretario do partido na provincia.
El País publica a contabilidade secreta do extesoureiro Luis Bárcenas. Trátase das anotacións contables do extesoureiro do PP, onde figura a orixe dos ingresos e os supostos pagamentos a practicamente todas as cúpulas do partido dende 1990 a 2008. As meirandes entregas rexistradas corresponden a Javier Arenas e Francisco Álvarez-Cascos. Segundo estes papeis Rajoy recibiu 25 mil euros anuais entre 1997 e 2008.
Bárcenas proba que branqueou case once millóns de euros coa amnistía fiscal. O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, negou que o ex tesoureiro do PP se beneficiase da medida. Cóntao a Cadena SER.
A Casa Real manterá no seu posto ao secretario das infantas, malia estar imputado no caso Nóos. Así o asegura nun comunicado.
As chuvias dos últimos días están permitindo ver imaxes espectaculares na fervenza do Ézaro
A mocidade sen estudos e con contrato indefinido é a que declara ter unha ideoloxía máis conservadora neste estudo titulado A ideoloxía da xeración perdida. Recólleo El Diario.
Os xogadores da selección de fútbol de Cabo Verde néganse a conceder declaracións en calquera idioma que non sexa o portugués durante a celebración da Copa de África para así promover a lingua. Cabo Verde é a gran revelación do campionato e xa está en cuartos de final.