El País publica a contabilidade secreta do extesoureiro Luis Bárcenas. Trátase das anotacións contables do extesoureiro do PP, onde figura a orixe dos ingresos e os supostos pagamentos a practicamente todas as cúpulas do partido dende 1990 a 2008. As meirandes entregas rexistradas corresponden a Javier Arenas e Francisco Álvarez-Cascos. Segundo estes papeis Rajoy recibiu 25 mil euros anuais entre 1997 e 2008.