Xa está en marcha a recollida de achegas para pagar a sanción do bombeiro que se negou a desafiuzar unha anciá, Roberto Rivas, e ao resto de multas impostas a persoas que tentaron deter o desaloxo. Toda a información, na web de Stop Desafiuzamentos A Coruña e hoxe en Praza.
Fálase
O Ateneo Ferrolán estuda pagar a débeda que lle reclama Mudanzas Félix, ao redor de 40 mil euros, con 82 obras de arte. Un perito taxará os fondos para verificar o seu valor.
La Opinión destaca que o alcalde da Coruña elixiu o castelán para falar na Cámara Municipal do Porto. Carlos Negreira naceu en Rio de Janeiro e é quen de falar con fluidez en galego, subliña.
Martín Villa quere declarar ante a xuíza Servini de Cubría para defenderse sen "o parapeto" do Goberno. O ex ministro franquista, reclamado pola xustiza arxentina, tamén pensa en comparecer ante o Congreso dos Deputados.
A xuíza De Lara pide explicacións sobre as fotos en Twitter da detención dunha testemuña da Pokémon. A policía local de Ferrol bromeou sobre o incautado ao detido.
O museo Marco de Vigo celebra o seu 12º aniversario coa ampliación de horarios e actividades para todos os públicos.
El País relata a amizade de Feijóo e Pachi Lucas, conseguidor da trama Zeta, que leva quince anos ao lado do presidente da Xunta, é habitual dos actos políticos e traballou para o PPdeG.
A Audiencia Nacional declara nulo o ERE de Atento e obriga a readmitir 672 traballadores, 49 deles na Coruña. Os traballadores recibirán o salario desde o momento no que foron dados de baixa.
O PP rebaixa a protección dos parques nacionais para que os terratenentes poidan cazar neles. Unha emenda no Senada prorroga ata 2020 o prazo para pechar os cotos.
Marina Castaño, imputada por malversación, estafa, apropiación indebida e fraude na súa xestión na Fundación Cela, rescatada pola Xunta en 2012. Recólleo Europa Press