O número inscritos para a manifestación da Diada, a un paso de superar os da Via Catalana do ano pasado. Xa hai máis de 400.000 e agárdase outra manifestación multitudinaria.
Fálase
A Fiscalía avala que o TSXG investigue a peza do caso Pokémon vinculada a Paula Prado, ex voceira do PP e deputada autonómica. Recólleo Faro de Vigo
Israel prohíbelle entrar en Gaza á delegación de europarlamentarios da Esquerda Unitaria Europea, formada por representantes de Podemos, IU e EH Bildu. A xornalista de El Diario Olga Rodríguez está a cubrir a visita.
Feijóo resta importancia a que Almunia confirme o levantamento do veto á construción civil en Navantia porque o comisario "está en funcións". Recólleo La Voz
Pachi Vázquez reta a Baltar a ser candidato á alcaldía de Ourense. O ex líder do PSdeG non desvela polo momento se el optará á candidatura. Recólleo El País
Rosell nega que exista unha rebaixa salarial en España. O presidente da patronal asegura que os salarios subirán un 0,6% este ano.
A plataforma Galiza con Catalunya recolle sinaturas a prol do proceso soberanista catalán.
O BCE baixa o prezo do diñeiro a un novo mínimo histórico do 0,05%.
Un cento de persoas apoian o bombeiro multado na Coruña por negarse a colaborar no desafiuzamento de Aurelia Rey hai ano e medio. Familiares, compañeiros e Stop Desahucios concentráronse ante os xulgados onde se celebra a vista contra o home, que dixo non ter cometido "nada ilegal" coa súa acción. Máis información, hoxe en Praza.
O bombeiro que se negou a colaborar no desafiuzamento de Aurelia Rey será xulgado hoxe na Coruña por "alteración da orde pública". Stop Desafiuzamentos convoca unha concentración de apoio ás 11 á porta dos xulgados.