Comeza a campaña electoral catalá, que na súa primeira xornada está marcada polos actos da Diada. O BNG participou en Barcelona nun acto a prol da independencia. Crónica da pegada de carteis en Vilaweb

Comeza a campaña electoral catalá, que na súa primeira xornada está marcada polos actos da Diada. O BNG participou en Barcelona nun acto a prol da independencia. Crónica da pegada de carteis en Vilaweb
Alcaldes de Convergència e PNV apoian a candidatura de Abel Caballero á presidencia da FEMP, segundo publica La Voz
A asemblea gandeira de Compostela decide que o groso dos tractores se dirixa a bloquear as industrias lácteas e centros de distribución como o da empresa DIA, que anuncia este venres en parte da prensa a súa decisión de efectuar un peche patronal.
Os gandeiros deciden continuar coa tractorada en Lugo tras o preacordo insuficiente negociado hoxe en Madrid. Decidírono nunha asemblea esta tarde. Foto: @revisaafriga
Feijóo responsabiliza os alcaldes dos posibles atrancos que causen as tractoradas: "Hai alcaldes moi satisfeitos coas mobilizacións, terán que explicarllo aos seus veciños", afirmou tras o Consello da Xunta.
Galicia acollería pouco máis de 1.000 refuxiados de aceptar España a cota da UE. Suporía acoller unha persoa por cada 10.000 habitantes.
Traballadores de Alcoa piden información e claridade á empresa tras a poxa eléctrica e volven manifestarse contra o posible peche da factoría. Foto de @Yolanda_Diaz_
Rematan as manifestacións do sector lácteo en Santiago e Lugo mentres, en Madrid, a ministra de Agricultura anuncia un acordo apoiado por industria e distribución do que se desmarcan varias organizacións gandeiras. A información, hoxe en Praza.
Pasadas as 12 horas comezou en Compostela a manifestación do sector lácteo. Toda a información, ao longo do día, en Praza.
Os gandeiros entréganlle ao Banco de Alimentos o leite "incautado" en DIA. Está a contalo Campo Galego.