A Xunta defende os recortes no xulgado do caso Pokémon mentres o persoal clama contra eles. Recólleo El País
Fálase
Google dedica o seu doodle de hoxe a Rosalía no 178º aniversario do seu nacemento. #EuSonRosalía
Pemex abandona os seus proxectos en Barreras, malia as promesas da Xunta. Non construirá os buques prometidos, malia que continuará como máximo accionista. Apenas se cumpriu nada daquel acordo entre Goberno galego e petroleira.
O transporte galego será o máis afectado polo desvío de autoestradas, ao verse afectados case 500 quilómetros entre Galicia e Castela e León.
Centos de persoas saíron onte ás rúas contra a reforma da lei do aborto e contra o plan do Goberno de impoñer o permiso dos proxenitores para que as mozas de 16 e 17 anos poidan abortar. Só o 3% das interrupcións voluntarias prodúcense en menores, e o 88% faise coa presenza dos seus titores legais.
A Garda Civil ofrece papeis a inmigrantes a cambio de información, segundo unha gravación á que tivo acceso eldiario.es.
Lidia Senra leva ante a Comisión Europea a ausencia no Hospital de Lugo dos servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear, prometidos por Feijóo en 2011. A eurodeputada de AGEe insta a Comisión a que "se dirixa ás autoridades galegas" para que "garantan unha atención sanitaria inmediata e urxente" á poboación lucense.
A Audiencia Nacional invalida o convenio colectivo de Navantia, que recorrerá ao Supremo. A denuncia da CIG e da sección induria de CCOO acaba por botar abaixo o acordo.
Arquivada a demanda contra o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo (BNG), impulsada polos edís que asinaran unha moción de censura contra el.
FACUA lanza a campaña #SiTeCensuraTwitter para que os e as usuarias denuncien a suspensión incorrecta de contas. Twitter está suspendendo unilateralmente numerosos perfís por difundir imaxes ou informacións que a compañía considera ilícitas