O ex capitán do Prestige avisou a Mangouras de que o buque "podía romper". "Todo estaba fatal", dixo no xuízo pola catástrofe.
Fálase
Miguel Santalices, vicepresidente do Parlamento, resolveu suspender o pleno 15 minutos para calmar a "tensión" entre parlamentarios. Previamente, David Fernández (AGE) e Javier Dorado (PP) discutían no hemiciclo.
No debate Jorquera pediu a dimisión de Feijóo ante a situación de “descrédito e falta de credibilidade” e acusouno de "mentirlle á cidadanía coas contas públicas, co futuro de NGB, coa quita aos preferentistas e sobre todo, coa súa relación co narcotraficante, Marcial Dorado". Toda a información, nuns minutos en Praza.
A OCDE prevé que o paro supere o 28% en España en 2014. Empeora os previsións e augura unha caída do PIB do 1,7% a finais deste ano.
Pilar Rojo expulsa do pleno a deputada de AGE Chelo Martínez, tras chamala á orde en tres ocasións. Feijoo dille a Beiras que "podía formar coalición con Marcial Dorado" e o líder de Alternativa respondeu airadamente e denunciou "unha aldraxe". AGE denuncia que o presidente da Xunta "invertevos roles e agride á oposición coa conivencia da presidenta do Parlamento"
Un artigo de Facundo Alvaredo, Anthony B. Atkinson, Thomas Piketty e Emmanuel Saez no National Bureau of Economic Research salienta que "baixarlles os impostos ao 1% máis rico tende a aumentar as desigualdades de forma considerable" e lembra que "a maior parte da redistribución fiscal se fai vía gasto público".
El Blog Salmón analiza o coñecido erro de Carmen Reinhart e Kenneth Rogoff, dos que di que "ao igual que toda a teoría macroeconómica convencional dos últimos 200 anos, ignoran completamente o rol do sistema financeiro e os nocivos efectos da especulación financeira na economía real".
Banco Etcheverría adquirirá 57 oficinas de Novagalicia Banco, co que garante a continuidade de 150 empregos.
Eurodeputados do PP critican que o informe europero sobre o saneamento das rías galegas ofreza unha "visión insalubre" de todas elas.
O sector naval do País Vasco duplica a produción dos estaleiros galegos. Até o 2012 Galicia superaba a produción das factorias vascas.