O Blusens Obradoiro pode asegurar a súa permanencia na liga ACB esta noite se vence o seu partido, no Sar, fronte ao Valencia Basket. No descanso gaña 34-30.
Fálase
A Asociación de Festivais de Artes Escénicas de Galicia manifesta o seu "profundo descontento, desacordo e sorpresa" ante as novas bases que impón a AGADIC para as axudas a festivais de Teatro e proponlle aprazar o proceso para que sexa realizado en tempo e forma para o ano 2013. Proponse, deste xeito, realizar a concesión de axudas en base ás mesmas cantidades recibidas o ano anterior por parte dos festivais
Izquierda Unida terá a vicepresidencia e tres consellerías no novo goberno da Junta de Andalucía, que segue a presidir o socialista José Antonio Griñán. En La Información.
Como o PPdeG, Fomento tampouco desmente que estea a estudar implantar peaxes nas autovías. Na Cadena SER.
Comeza a estenderse por twitter o hashtag #flagwoman, en referencia ao vídeo no que amosa a forma en que os militares israelís atacan un grupo de manifestantes palestinos, en especial unha muller que axitou unha bandeira enriba dun vehículo militar.
Luis Suárez López, estudante da Universidade da Coruña, accésit no premio Fototalentos’12 coa súa foto Morta a escola… morta a aldea, que reflicte o abandono dos colexios nas pequenas aldeas.
Ourense acolleu esta mañá a primeira etapa do Correlingua 2012. Até o 16 de maio percorrerá Narón, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, Tui, Moaña, Silleda, Monforte e Viveiro baixo o lema Galego. Todo o que buscas.
20 mortos no Cairo en enfrontamentos durante una protesta antimilitar preto do Ministerio de Defensa. O Exército despregou tropas e vehículos. En resposta, a cúpula militar vén de manifestar a súa disposición a deixar o poder antes do previsto se o 24 de maio sae elixido un presidente na primeira rolda das eleccións, o que non parece probable.
O Ibex esborrállase e volve ao seu nivel máis baixo desde hai nove anos. Cede máis dun 3% lastrado pola banca.
O diario Las Provincias asegura que Galicia, Valencia e Castilla-La Mancha presionan o Ministerio de Sanidade para instaurar o copagamento na comida dos hospitais.