O FMI insta os bancos españois a que "depuren o máis posible" os seus balances mentres se toma unha decisión definitiva sobre as medidas que o Goberno debe adoptar para facer fronte aos activos tóxicos que teñen as entidades españolas.
Fálase
O Valedor do Pobo protagoniza unha nova polémica. Asegura no Parlamento que os recortes son "imprescindibles, xustos e necesarios" e aposta por explicarllos mellor á poboación para que poida "soportalos". Ademais, Benigno López propón "suspender" a Lei de Dependencia porque "naceu morta".
Apenas o 22,4% dos filmes proxectados en Galicia nos circuítos non comerciais (festivais, cineclubes, ciclos...) faino en galego, segundo un estudo que publica culturagalega.org
O BCE pide a España "reformas máis ambiciosas" e "unha solución para a banca", aínda que recoñece que o Goberno "xa fixo reforma significativas en moi pouco tempo".
Rajoy asegura que o Estado das Autonomías debe ser "repensado e reavaliado". Fíxoo durante a toma de posesión de José Manuel Romay Beccaría como presidente do Consello de Estado. Na Cadena SER.
#consellodaxunta Feijóo nega que a Xunta vaia cobrar a comida dos hospitais. O recorte en 2012 nos orzamentos galegos será de 69 millóns que, di, contrasta cos máis de 4.000 de Catalunya.
#consellodaxunta O presidente desdeña a unidade de PSdeG e BNG para pedirlle a súa comparecencia. "O bipartito existe en todas as institucións, agora pode ser pentapartito ou quintapartito", resolve.
#consellodaxunta A Xunta fará campañas para concienciar sobre o "inverno demográfico" que vive o país, di Feijóo
#consellodaxunta O Consello autoriza a licitación do contrato para ampliar o vertedoiro da Areosa, que pasará a ter unha capacidade de 1,2 millóns de toneladas de residuos. "Antes de catro anos" existirá unha nova planta como Sogama, advirte Feijóo.
#consellodaxunta O Goberno galego aprobará unha "lei do taxi", para que haxa un por cada mil habitantes e se implante un único número de radiotaxi en toda Galicia