Xulio Ferreiro amosa a súa disposición a repetir como candidato da Marea Atlántica nas municipais de 2019. O alcalde da Coruña dío nunha entrevista na Cadena Ser e divúlgao na súa propia conta de Twitter. "Non hai alternativa ao goberno da Marea na Coruña", dicía hai uns meses nunha entrevista con Praza.gal.
Fálase
A Audiencia Nacional condena aos doce membros do grupo de rap La Insurgencia, varios deles de orixe galega, por enxalzar os GRAPO. Ningún ten antecedentes pero a pena de dous anos e un día para cada un deles supón que poderían ingresar en prisión. Unha maxistrada do tribunal discrepa da condena: “Son críos chamando a atención”.
O Celta enfrontarase ao Barcelona nos oitavos de final da Copa do Rei. Xogará á ida en Balaídos e a volta no Camp Nou.
O Consejo de Transparencia obriga a Renfe a informar á CGT dos soldos dos seus directivos e persoal non suxeito a convenio, que o sindicato cuantifica en 900 dos 14.000 traballadores da empresa pública.
ÚLTIMA HORA | O xuíz Llarena retira as ordes europeas de detención contra Puigdemont e os consellers que están en Bruxelas
O Tribunal Supremo rexeita o recurso presentado por Lactalis contra a multa de 11,7 millóns de euros imposta por Competencia por pactar prezos e reparto do mercado con outras grandes marcas de produtos lácteos
18 colectivos levan ao Parlamento europeo, da man de Lidia Senra e de AGEe, a problemática da eucaliptización en Galicia. Este mércores e xoves reuniranse con eurodeputados/as e con representantes da Comisión, facendo fincapé na defensa do patrimonio natural e cultural galego
Pontevedra despide a Manolo Moldes con dous actos sinxelos, no cemiterio de San Mauro e no Teatro Principal, e envolto nunha obra colectiva realizada polos seus alumnos e alumnas de Belas Artes
Policías en Honduras néganse a reprimir as protestas que desafían o toque de queda decretado polo Goberno na crise polo reconto electoral. A oposición segue denunciando a fraude e esixe a contabilización das actas que foron descartadas
Mário Centeno, ministro das Finanças de Portugal no goberno do socialista António Costa, elixido novo presidente do Eurogrupo, cargo ao que tamén aspirou sen éxito en varias ocasións o español Luis de Guindos.