Mário Centeno, ministro das Finanças de Portugal no goberno do socialista António Costa, elixido novo presidente do Eurogrupo, cargo ao que tamén aspirou sen éxito en varias ocasións o español Luis de Guindos.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5a25a5bc36cf8-centeno.jpg)
Mário Centeno, ministro das Finanças de Portugal no goberno do socialista António Costa, elixido novo presidente do Eurogrupo, cargo ao que tamén aspirou sen éxito en varias ocasións o español Luis de Guindos.
Xunta, Principado e Junta de Castilla y León asinan unha declaración institucional contra os incendios e en favor dun novo modelo de financiamento autonómico e de políticas de dinamización demográfica. Ao tempo que se dilúe a tradicional relación co Norte de Portugal a través da Eurorrexión, hai un mes Feijóo xa asinou outra declaración similar coa Junta e a Comunidad de Madrid que a presidenta madrileña, Cristina Cifuentes, xustificou loubando a unidade de España.
O PP aproba en solitario a agora moi modificada iniciativa lexislativa contra a pobreza enerxética impulsada en 2015 pola CIG. A lei céntrase agora na eficiencia enerxética. Membros do sindicato asistiron ao Pleno da Cámara e protestaron ás súas portas polos cambios.
O CIS prevé que os partidos independentistas cataláns perderían a maioría absoluta nas eleccións do 21D, ficando a un escano dos 68. Ciudadanos sería a forza máis votada, rexistrando un grande ascenso, o mesmo que o PSC. O bloque unionista igualaría en votos ao independentista nunha enquisa que recolle que máis do 85% dos electores afirman que acudirán a votar.
O Tribunal Supremo Electoral de Honduras proclama a vitoria do candidato gobernamental, Juan Orlando Hernández, que tería unha vantaxe de 50 mil votos sobre o candidato da oposición, que denuncia fraude electoral.
ÚLTIMA HORA | O Supremo mantén na cadea a Oriol Junqueras, Joaquim Forn e os Jordis. Os outros seis ex-consellers que estaban en prisión poderán saír se pagan unha fianza de 100.000 euros.
O paro crece en 1.272 persoas en Galicia no mes de novembro (un 0,68% máis), e en 7.255 no conxunto de España (un 0,21%). Hai 187.175 galegos e galegas rexistradas como demandantes de emprego, 3.474.281 en todo o Estado. O número total de persoas con traballo en Galicia descendeu en 747 (‐12.773 en toda España), ata ficar nas 989.157.
David Regades e Álvaro Santos, gañadores nas primarias ás secretarías provinciais do PSOE de Pontevedra e Lugo, celebradas este domingo
Medio milleiro de persoas protestan en Ponte Caldelas contra o trasvase do río Verdugo cara a Eiras, o encoro que abastece a Vigo. A Xunta proxecta levar a cabo esta operación para paliar a falta de auga que sofre a meirande cidade de Galicia. Ponte Caldelas teme que o Goberno galego "pase por riba" das competencias urbanísticas do concello declarando a incidencia supramunicipal do trasvase.
O Eurogrupo -que reúne os ministros de Economía da Eurozona- escolle este luns un novo presidente ou presidenta. Entre os catro candidatos está o ministro portugués de Finanzas, Mário Centeno.