O economista Arcadi Oliveres fala en Vilaweb do proxecto Procés Constituent, que impulsa co obxectivo de conformar unha candidatura unitaria e popular para as próximas eleccións catalás: "Se non sumamos a CUP, ICV e os movementos sociais, teremos fracasado"
Fálase
Manuel Fernández Sousa e o seu entorno venderon accións de Pescanova días antes de estoupar a crise na empresa. O feito está sendo investigado pola CNMV.
A nova Lei de Emprendedores limitará a responsabilidade do empresario: non perderá nin a súa casa nin o seu coche en caso de quebra
Os sindicatos denuncian que o Goberno "está buscando o desastre de Fogasa para xustificar a súa privatización". A falta de persoal empeorou o servizo e a única solución que propón o Goberno é privatizar parte da súa xestión.
Portugal conxela o gasto público. Facenda paraliza todas as partidas extra dos ministerios até que se decidan os novos recortes
Un vídeo revela que Zara coñecía os seus talleres ilegais en Arxentina. A multinacional enfróntase á segunda demanda interposta pola ONG La Alameda, que convocou un escrache este xoves fronte a unha das súas tendas en Bos Aires.
Baltar admite que o PP de Ourense "non pagou nada" por utilizar o pavillón de deportes Paco Paz, na capital ourensá, para o seu congreso de 2010. Recólleo Faro de Vigo
A CIG celebra a esta hora concentracións contra o plan de emprego xuvenil do Goberno central e contra os recortes nos subsidios de desemprego.
O Goberno tramita as primeiras multas por participar nun escrache. Sancións de 1.500 euros para tres organizadores. Adiántao a Cadena Ser.
O deputado que vendía preferentes vota a favor da arbitraxe que rexeitan os afectados. Antonio Pérez Insua evita absterse na votación do decreto sobre estes produtos financeiros.