Mariano Rajoy anunciará este xoves, previsiblemente, os cambios no PP e no Goberno motivados polos malos resultados obtidos nas eleccións municipais e autonómicas. A partir das cinco da tarde celebrarase o Comité Executivo Nacional da formación.
Fálase
A vicepresidenta Joana Ortega e os consellers Ramon Espadaler e Josep Maria Pelegrí, todos de Unió, deixan o Goberno catalán. UDC e CDC intercambian reproches sobre a responsabilidade da escisión.
Compromiso por Galicia retíralle as siglas a Ricardo Sánchez, elixido alcalde de Miño cos votos do PP, e esíxelle que dimita. O PSdeG-PSOE convoca unha concentración de repulsa
Grazas a todos e a todas as que onte participastes no encontro Da praza ao concello, das mareas aos feitos cos alcaldes da Coruña, Compostela e Ferrol. Podedes volver ver o video do debate neste enlace.
O Concello da Coruña informa que o anterior goberno gastou ata xuño un 26% máis sen que subisen os ingresos e que o saldo pendente de pago creceu un 172%. As cifras, di o executiva da Marea Atlántica, confirman a "pésima xestión" que deixa o Concello "nunha delicada situación económica e con graves problemas de liquidez".
Juan Carlos González Santín presenta a súa candidatura para presidir a Deputación de Lugo. O secretario xeral do PSdeG lucense destaca que o fai para "ampliar o legado de Besteiro" e dende o "profundo respecto" ao outro candidato, Manuel Martínez. A votación celebrarase este xoves en Lugo.
Manuel Guede dimite como director do Centro Dramático Galego. Cesa no seu posto "a petición propia e por motivos persoais", segundo vén de informar a AGADIC nun comunicado.
Unió abandona o Govern catalán, aínda que pretende manter as alcaldías. A crise en CiU estoupa tras o referendo celebrado por Unió a pasada fin de semana.
Quince detidos en Madrid, Valencia e Toledo polo asasinato de Jimmy, ultra do Deportivo falecido en Madrid o pasado 30 de novembro. Máis información, hoxe en Praza Pública.
Xosé Manuel Beiras, Alberto Garzón, Juan Carlos Monedero e Inés Sabanés debateron onte en Carne Cruda sobre a candidatura de confluencia para as eleccións xerais.