A xuíza Pilar de Lara inicia unha nova fase da operación Pokémon. Segundo informa El Correo Gallego, axentes de aduanas están a interrogar o concelleiro de Seguridade de Santiago, Albino Vázquez (PP). O diario compostelán sinala que entre os novos detidos podería estar tamén Ángel Espadas, xefe de gabinete con Conde Roa. El Progreso apunta que, en total, as novas detencións ordenadas son oito.
Fálase
Hoxe o DOG publica a nova Lei de Horarios Comerciais, que entra mañá en vigor e que afonda na desrregulación do sector comercial e dos seus períodos de apertura
A CNMV suspende a cotización de Bankia, logo de que o FROB decidise valorar cada acción en 0,01 euros, segundo adianta Expansión.
Xa se pode ver integramente a conferencia que a pasada semana ofreceu en Vigo o Fiscal Superior de Galicia. Carlos Varela, convidado por A Nave das Ideas, falou sobre A corrupción sistémica e a forma de facerlle fronte
En Francia comezou a funcionar Parlement & Citoyens, unha plataforma de software libre que ofrece ferramentas que posibilitan a co-creación de proxectos de lei entre deputados e cidadáns
A asociación O Fervedoiro critica o proxecto de instalación do parque eólico do Xesteiras, en Cuntis. Denuncian o impacto que pode ter no ecosistema e tamén sobre varios elementos do patrimonio histórico-artístico.
PP, UPyD e PNV votarán este xoves no Congreso contra a prohibición do fracking proposta por Izquierda Plural
O BNG pide no Parlamento eliminar as exencións fiscais dos deputados. Os parlamentarios autonómicos cada ano reciben máis de 31.000 euros libres de impostos para aloxamento e manutención, que supoñen o 54% dos 57.000 ingresos totais que como mínimo cobra cada deputado.
A economía alemá caeu un 0,6% no cuarto trimestre do ano, unha décima máis do agardado. O PIB francés tamén caeu un 0,3% e rolda a recesión
A Generalitat proporalles hoxe aos seus funcionarios deixalos de novo sen unha paga extra