María José Bravo, delegada da Xunta en Vigo, apoia a suba do canon do lixo e reclámalle ao Concello que pague a Sogama ou a abandone
Fálase
EEUU acusa os servizos secretos franceses e españois de ser os autores da espionaxe telefónica para entregarllos despois á NSA norteamericana
A empresa que xestiona o teléfono contra a violencia machista despide traballadoras embarazadas. Os sindicatos denuncian condicións laborais precarias
A presión de transportistas, sindicalistas e empresarios de Bretaña obriga a Hollande a suspender a aplicación dunha taxa ecolóxica para vehículos pesados
O 58% dos cataláns votaría a prol da independencia, segundo unha enquisa que asegura que o 82% da poboación está a favor da consulta.
A presidenta do Parlamento insta o socialista a Abel Losada a non referirse ao presidente da Xunta como "este tío" e retírao do Diario de Sesións.
Eurodeputados de varios países reclaman a Rajoy a extradición dos torturadores franquistas. 28 parlamentarios de once estados diferentes solicitan ao presidente do Goberno que atenda a reclamación da xustiza arxentina. A coalición Europa dos Pobos incluiu as achegas do BNG a esta iniciativa.
Ramón Villares e Rosario Alvarez, presidente e vicepresidenta do Consello da Cultura, participan esta tarde no II Congreso A Lingua Portuguesa no Sistema Mundial, que se celebra en Lisboa. Intervirán nunha mesa redonda sobre "Políticas de Língua na Galiza". Tamén se presentarán comunicacións sobre "A ILP Paz-Andrade e o Estatuto do Português na Galiza” e “O ensino de português na Galiza: língua própria ou estrangeira?"-
233 Grados analiza o tratamento machista que múltiples lectores e lectoras lle achacaron a varios medios españois dun estudo sobre a diferente capacidade de mulleres e homes para realizar máis dunha tarefa á vez.
O PSOE propón sacar os restos de Franco e de José Antonio Primo de Rivera do Valle de los Caídos. Cóntao a Cadena SER.