GRÁFICOS INTERACTIVOS | Así evolucionaron as principais rutas de inmigración cara a Europa. Repásao nesta peza interactiva eldiario.es no Día Internacional das Persoas Migrantes.

GRÁFICOS INTERACTIVOS | Así evolucionaron as principais rutas de inmigración cara a Europa. Repásao nesta peza interactiva eldiario.es no Día Internacional das Persoas Migrantes.
Membros de todas as forzas políticas reclaman en Lugo a mellora dos servizos ferroviarios na provincia. Representantes de Concello e Deputación secundaron a convocatoria da plataforma veciñal “Lugo, non perdas o tren”,
A ex-conselleira Elena Muñoz, nova presidenta do PP de Vigo tras impoñerse por 420 votos fronte aos 319 do tamén ex-conselleiro Javier Guerra, que previamente instara a recuperar votantes populares que, afirma, apoian a Caballero nas eleccións municipais.
O BNG fixa a súa Asemblea Nacional para os días 25 e 26 de marzo. Así o vén de decidir o Consello Nacional da formación. Máis información, este sábado en Praza.
Atopan en Vigo o cadáver dunha moza vítima dunha morte violenta da que se investigan as causas. Este venres unha muller foi acoitelada en Santiago pola súa ex-parella, que está a ser buscado pola Policía.
O PP dirime hoxe o seu liderado en Vigo, ao que optan os ex-conselleiros Elena Muñoz e Javier Guerra. Detállao Faro de Vigo
Ferida moi grave en Santiago unha muller acoitelada supostamente pola súa parella.
AUDIO | A RAG difunde unha gravación inédita de Manuel María a recitar xunto a Darío Xohán Cabana en 1970 para pechar o ano dedicado ao poeta da Terra Chá. Pódese escoitar no Portal das Palabras
A baixada das temperaturas trae de volta a neve a Galicia. Tráfico apela á precaución na contorna de Pedrafita do Cebreiro, onde a nevarada está a condicionar a circulación na A-6 e mais na estrada N-VI. O mapa de incidencias de tráfico pódese consultar nesta ligazón.
Búscase a Palabra do Ano, pero tamén hai quen anda á procura do neoloxismo do 2016. A votación aínda está aberta nesta ligazón