Galicia recibirá 1.706,15 millóns de euros do Estado en 2012, o que supón un 10,4% máis que en 2011, o que sitúa a comunidade como a segunda con maior investimento real consignada nos Presupostos Xerais do Estado, só por detrás de Andalucía.
Fálase
CCOO-Galicia lembra que a reforma laboral "achega o paro a cifras record" e insiste en que "as políticas de recorte teñen como consecuencia menor actividade económica, destrución de emprego e empobrecemento da cidadanía". Para Comisións, o Goberno do PP leva o país "a unha espiral sen saída, con máis axustes, menos consumo, menos renda, menos actividade económica, menor recadación de ingresos e máis axustes".
#onosoderbi Tal e como confirma @franhermida1, o Celta prohibe aos seus xogadores falar con medios da Coruña antes do derbi do 15 de abril. No encontro de ida, o Deportivo vetara as entrevistas conxuntas con futbolistas de ambos os dous equipos.
#SOSFragasdoEume Boa parte de Galicia ten hoxe un risco alto ou moi alto de sufrir incendios, segundo o mapa diario de Medio Rural
ADEGA considera que a ausencia dun Plano Reitor de Usos e Xestión (PRUX) no Parque Natural das Fragas do Eume levou a un paulatino proceso de eucaliptización e invasión de especies alóctonas
O Goberno premia a Casa Real nos Presupostos. É unha das institucións que mellor parada sae do elevado recorte para 2012, xa que o seu orzamento só se reduce un 2% respecto do ano anterior, en 170.000 euros, unha porcentaxe moi inferior ao 16,9% de media que se reducen os ministerios.
Comunicado da Real Academia Galega en apoio de Andrés Torres Queiruga, condenado pola Conferencia Episcopal. A RAG considera que a pauliña da Igrexa supón unha "grave conculcación da liberdade de pensamento dun grande intelectual e escritor".
Cristóbal Montoro acaba de entregar no Congreso o proxecto de Lei dos Prespupostos Xerais do Estado, os que cualifica como "duros pero imprescindibles" para a recuperación económica.
#SOSFragasdoEume O secretario xeral de Montes reitera que o incendio das Fragas do Eume foi provocado. Esta mañá, os detalles en Praza Pública.
O cómico Leo Bassi prepara a súa 'actuación' no Concello de Santiago, o vindeiro día 12 de abril ás 11 da mañá. Explica que será unha "homenaje a Prisciliano de Ávila, bispo e druida, vítima do escurantismo"