O pleno da Coruña aproba modificacións orzamentarias por case 3 millóns de euros para, entre outros ámbitos, atender os pagamentos pendentes da renda social. O acordo tivo o apoio de todos os grupos municipais agás o PP, que se abstivo.
Fálase
GCiencia, o portal de xornalismo e ciencia en galego, gaña un dos premios máis prestixiosos de información científica. A web recibe o Prismas 2019 por “combinar periodismo e divulgación científica desde Galicia, cunha linguaxe amena, popular e rigorosa“.
Povisa admite "conversas" con Ribera Salud para a venda do hospital pero insiste en que aínda "non hai acordo".
En Marea rexeita unha alianza con Más País en Galicia pola "dificultade" de construír un marco "confederal" e aposta por unha lista unitaria de forzas progresistas galegas.
O PP volvería gañar as eleccións en Galicia e o BNG entraría no Congreso, segundo unha enquisa de Sondaxe. O inquérito outórgalle a vitoria ao PSOE a nivel estatal, aínda que só os populares mellorarían resultados.
Olalla Rodil e Francisco García, novas cabezas de lista do BNG por Lugo e Ourense ao Congreso. Néstor Rego e Carme da Silva repetirán pola Coruña e Pontevedra.
A TVG anuncia a estrea de 'Conexión Madrid', un programa de debate político desde a capital de España que comezará a emitirse o vindeiro luns.
O xulgado arquiva unha das demandas dos Franco contra o historiador Carlos Babío por inxurias. Os herdeiros do ditador demandaran o investigador por varias declaracións en programas de televisión.
O Celta Baloncesto confirma que rexeitou o patrocinio dunha empresa de apostas deportivas: "Non todo vale", afirma o presidente da entidade, Carlos Álvares. Recólleo Atlántico Diario
O xuíz envía a prisión os sete membros dos CDR e acúsaos de integrar unha organización terrorista. O Parlament reclama a retirada da Garda Civil de Catalunya.