Olalla Rodil e Francisco García, novas cabezas de lista do BNG por Lugo e Ourense ao Congreso. Néstor Rego e Carme da Silva repetirán pola Coruña e Pontevedra.
Fálase
A TVG anuncia a estrea de 'Conexión Madrid', un programa de debate político desde a capital de España que comezará a emitirse o vindeiro luns.
O xulgado arquiva unha das demandas dos Franco contra o historiador Carlos Babío por inxurias. Os herdeiros do ditador demandaran o investigador por varias declaracións en programas de televisión.
O Celta Baloncesto confirma que rexeitou o patrocinio dunha empresa de apostas deportivas: "Non todo vale", afirma o presidente da entidade, Carlos Álvares. Recólleo Atlántico Diario
O xuíz envía a prisión os sete membros dos CDR e acúsaos de integrar unha organización terrorista. O Parlament reclama a retirada da Garda Civil de Catalunya.
O CIS mantén o PSOE como primeira forza en estimación de voto para as eleccións xerais, aínda que con sete puntos menos de vantaxe sobre o PP tras a ruptura das negociacións de investidura con Unidas Podemos. Está a debullar os datos do barómetro eldiario.es
Un monólito homenaxeará dende o sábado en Foz a memoria de Ceferino Díaz, o histórico referente galeguista do PSdeG falecido en 2012. Poucos meses antes do seu falecemento, Díaz reflexionaba nesta entrevista en Praza, realizada poucos meses antes do seu falecemento, sobre o país e a súa política ao fío do trixésimo aniversario do autogoberno galego.
ENQUISA | Outro inquérito augura que o PP será o gran beneficiado da repetición das xerais achegándose aos 100 escanos a costa de Ciudadanos e Vox mentres o PSOE podería perder dous. Segundo GAD3 para ABC, o partido de Errejón entraría no Congreso con 9 escanos, case os mesmos que perderían Unidas Podemos e os socialistas. Os pactos seguirían sendo imprescindibles e mesmo máis complexos para gobernar.
A xuíza Pilar de Lara pecha a instrución do caso Garañón co procesamento de José López Orozco e José Ramón Gómez Besteiro, ademais de funcionarios e construtores, ata un total de 11 investigados. O peche da instrución chega un día antes de que o Poder Xudicial estude a posible sanción á maxistrada, expedientada hai un ano por atrasar e acumular macrocausas.
ENQUISA | O PP sería o gran beneficiado das novas eleccións xerais e volveríase achegar á barreira dos 100 escanos no Congreso fronte a un leve ascenso do PSOE. Os populares recuperarían votos fundamentalmente de Ciudadanos e Vox e a suma das tres formacións ficaría lonxe da maioría absoluta, segundo o inquérito de Celeste-Tel para eldiario.es