A xuíza Pilar de Lara pecha a instrución do caso Garañón co procesamento de José López Orozco e José Ramón Gómez Besteiro, ademais de funcionarios e construtores, ata un total de 11 investigados. O peche da instrución chega un día antes de que o Poder Xudicial estude a posible sanción á maxistrada, expedientada hai un ano por atrasar e acumular macrocausas.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/foto-aerea-garanon-52e4994.png)