O Banco Santander pecha este luns 26 das súas sucursais en Galicia. Son só unha parte das 135 oficinas da entidade que desaparecerán no noso país ao abeiro do ERE presentado o pasado mes de maio. O número de sucursais bancarias en Galicia reduciuse á metade na última década
