O BNG proporá no debate de política xeral un “pacto galego pola ciencia e a innovación” co 3% de investimento en I+D+i. A formación celebrou este sábado unhas xornadas parlamentarias sobre "o I+D+i como motor de desenvolvemento". O Bloque propón crear o Instituto de Innovación Galego, semellante ao modelo vasco IKER e blindar por lei non penalizar ás mulleres investigadoras por ser nais. Estas eran algunhas das demandas expresadas polo persoal investigador prexudicado o pasado mes de xullo polos erros da Xunta na xestión dos contratos posdoutorais.
