O Concello de Pontevedra confirma a baixada do límite de velocidade a 10 quilómetros por hora para todos os vehículos nas rúas con plataforma única, ata agora limitadas a 20 km/h. O goberno local realizou o anuncio no marco da Semana Europea da Mobilidade, na que tamén avanzou a publicación do estudo Primeiro a cidade. A mobilidade en Pontevedra 1999-2019, unha publicación que recompilará o modelo urbano pontevedrés aplicado nas últimas dúas décadas.
