O autor confeso do triplo asasinato machista de Valga é enviado a prisión provisional comunicada e sen fianza acusado de tres presuntos delitos de asasinato. Así o vén de resolver a xuíza do xulgado de Caldas que instrúe o caso, segundo confirman fontes do TSXG.
Fálase
A Mesa do Parlamento confirma que o derradeiro debate de política xeral da lexislatura galega comezará ao día seguinte da convocatoria no BOE das novas eleccións xerais se non hai investidura de Pedro Sánchez, o mércores 25 de setembro. A Xunta solicitou a súa convocatoria para antes do remate de setembro, adiantándoo unhas dúas semanas sobre o que viña sendo habitual
"Os gobernos están empezando a delegar a súa autoridade ás grandes plataformas tecnolóxicas". É advertencia que lanza Edward Snowden nesta entrevista coa xornalista Marta Peirano para eldiario.es
Activada para este martes a alerta amarela na provincia de Ourense e mais na de Lugo agás na Mariña por treboadas con sarabiadas e fortes chuvias. Os detalles, no sitio web da AEMET.
Pedro Sánchez anuncia unha rolda de chamadas telefónicas a Pablo Iglesias, Pablo Casado e Albert Rivera para coñecer a súa "defisión final" sobre a investidura antes de reunirse co rei
O catedrático de Dereito Mercantil Xosé Antón Gómez Segade, galardoado co II Premio Luís Porteiro Garea como pioneiro no uso do galego nas aulas. No acto de entrega, Gómez Segade declarou que a defensa do idioma é un “deber para protexer a biodiversidade cultural”. A USC destaca que foi "un referente lingüístico para centos de alumnas e alumnos que hoxe son profesionais da Xustiza, da Administración ou da empresa”
Rivera pide por carta unha xuntanza "urxente" a Pedro Sánchez nas horas previas a acudir á rolda de consultas co rei e tras negarse a reunirse co líder do PSOE nos últimos meses.
Unidas Podemos ratifica a través de Yolanda Díaz a súa intención de mantérense na abstención nunha eventual nova investidura de Pedro Sánchez se o PSOE non accede a "formalizar un Goberno de progreso" de coalición. Así o afirmou a deputada de Galicia en Común tras a súa xuntanza co rei na rolda de consultas.
A xornalista galega Yessi Bello, candidata ao premio á mellor reporteira no eido tecnolóxico nos Inclusive Tech Alliance Awards 2019. Bello é xornalista en The Next Web, un portal de tecnoloxía ligado ao Financial Times e é experta en criptomoedas, tema que abordou o pasado xullo no podcast Té con Gotas, que podes volver escoitar nesta ligazón
Falece Ascensión Mendieta, impulsora xunto ao galego Darío Rivas da querela arxentina contra o franquismo. Ascensión tornou en emblema da loita pola memoria histórica para lograr recuperar os restos mortais do seu pai, asasinado polos franquistas. (Imaxe remitida pola familia de Ascensión Mendieta tras o falecemento de Darío Rivas, o pasado abril)