Rivera comprométese a que Ciudadanos forme goberno bipartito co PP de Casado se na noite do 10N logran "un escano máis" que unha eventual maioría para investir a Pedro Sánchez

Rivera comprométese a que Ciudadanos forme goberno bipartito co PP de Casado se na noite do 10N logran "un escano máis" que unha eventual maioría para investir a Pedro Sánchez
Sufocado un incendio na central térmica das Pontes que non causou "danos persoais nin ambientais". Persoal da factoría alertou o 112 do lume que afectaba a "maquinaria do parque de carbón" contra as 4 da madrugada. O servizo de emerxencias da fábrica e os bombeiros deron o incendio por controlado ás 5:45, cando xa "non supoña ningún perigo", informa o 112.
O socialista António Costa advirte da necesidade de que Portugal "não repita o que está a acontecer em Espanha” tras as eleccións que o país veciño celebra o vindeiro 6 de outubro. A rexionalización pendente entrou nos últimos días, aínda que con matices, entre os principais temas de discusión electoral. Así o acreditou o debate entre António Costa (PS) e Rui Rio (PSD). Análise no xornal Público. (Imaxe: PS)
O rei non proporá candidato á investidura ao constatar o desacordo entre os grupos políticos e as novas eleccións xerais do 10 de novembro convocaranse automaticamente o día 23. A información, neste espazo de Praza.gal
O autor confeso do triplo asasinato machista de Valga é enviado a prisión provisional comunicada e sen fianza acusado de tres presuntos delitos de asasinato. Así o vén de resolver a xuíza do xulgado de Caldas que instrúe o caso, segundo confirman fontes do TSXG.
A Mesa do Parlamento confirma que o derradeiro debate de política xeral da lexislatura galega comezará ao día seguinte da convocatoria no BOE das novas eleccións xerais se non hai investidura de Pedro Sánchez, o mércores 25 de setembro. A Xunta solicitou a súa convocatoria para antes do remate de setembro, adiantándoo unhas dúas semanas sobre o que viña sendo habitual
"Os gobernos están empezando a delegar a súa autoridade ás grandes plataformas tecnolóxicas". É advertencia que lanza Edward Snowden nesta entrevista coa xornalista Marta Peirano para eldiario.es
Activada para este martes a alerta amarela na provincia de Ourense e mais na de Lugo agás na Mariña por treboadas con sarabiadas e fortes chuvias. Os detalles, no sitio web da AEMET.
Pedro Sánchez anuncia unha rolda de chamadas telefónicas a Pablo Iglesias, Pablo Casado e Albert Rivera para coñecer a súa "defisión final" sobre a investidura antes de reunirse co rei
O catedrático de Dereito Mercantil Xosé Antón Gómez Segade, galardoado co II Premio Luís Porteiro Garea como pioneiro no uso do galego nas aulas. No acto de entrega, Gómez Segade declarou que a defensa do idioma é un “deber para protexer a biodiversidade cultural”. A USC destaca que foi "un referente lingüístico para centos de alumnas e alumnos que hoxe son profesionais da Xustiza, da Administración ou da empresa”