System of a Down encabezarán o cartel do Resurrection Fest de 2020, ano no que o festival de Viveiro celebra a súa décimo quinta edición. A organización avanza que o vindeiro luns confirmarán novas bandas.
Fálase
O Concello de Santiago ratifica a continuidade da campaña En negro contra as violencias machistas, impulsada polo consistorio da capital galega dende o 2015 e que xa foi secundada por máis dun cento de concellos. "As cousas que están ben feitas van continuar, non hai ningunha intención de que remate", sinala a edil compostelá de Igualdade, a socialista Noa Díaz, a preguntas da prensa sobre unha moción na que Compostela Aberta apostaba por mantela. A edición de 2019 incluirá mudanzas para espallala a novos sectores cidadáns, avanzou. Na imaxe, concentración contra a violencia machista ante o Pazo de Raxoi, este mércores.
A Xunta ultima a convocatoria de oposicións para cubrir 591 postos en dez especialidades, as máis numerosas de asistencia social, educación social e veterinaria. Segundo Función Pública, a previsión é que as primeiras probas se celebren en 2020. Anteriores ofertas de emprego público estiveron afectadas por fortes atrasos e a piques de caducar.
Rivera comprométese a que Ciudadanos forme goberno bipartito co PP de Casado se na noite do 10N logran "un escano máis" que unha eventual maioría para investir a Pedro Sánchez
Sufocado un incendio na central térmica das Pontes que non causou "danos persoais nin ambientais". Persoal da factoría alertou o 112 do lume que afectaba a "maquinaria do parque de carbón" contra as 4 da madrugada. O servizo de emerxencias da fábrica e os bombeiros deron o incendio por controlado ás 5:45, cando xa "non supoña ningún perigo", informa o 112.
O socialista António Costa advirte da necesidade de que Portugal "não repita o que está a acontecer em Espanha” tras as eleccións que o país veciño celebra o vindeiro 6 de outubro. A rexionalización pendente entrou nos últimos días, aínda que con matices, entre os principais temas de discusión electoral. Así o acreditou o debate entre António Costa (PS) e Rui Rio (PSD). Análise no xornal Público. (Imaxe: PS)
O rei non proporá candidato á investidura ao constatar o desacordo entre os grupos políticos e as novas eleccións xerais do 10 de novembro convocaranse automaticamente o día 23. A información, neste espazo de Praza.gal
O autor confeso do triplo asasinato machista de Valga é enviado a prisión provisional comunicada e sen fianza acusado de tres presuntos delitos de asasinato. Así o vén de resolver a xuíza do xulgado de Caldas que instrúe o caso, segundo confirman fontes do TSXG.
A Mesa do Parlamento confirma que o derradeiro debate de política xeral da lexislatura galega comezará ao día seguinte da convocatoria no BOE das novas eleccións xerais se non hai investidura de Pedro Sánchez, o mércores 25 de setembro. A Xunta solicitou a súa convocatoria para antes do remate de setembro, adiantándoo unhas dúas semanas sobre o que viña sendo habitual
"Os gobernos están empezando a delegar a súa autoridade ás grandes plataformas tecnolóxicas". É advertencia que lanza Edward Snowden nesta entrevista coa xornalista Marta Peirano para eldiario.es