Burela repetirá finalmente as eleccións locais o vindeiro 17 de outubro na mesa onde foron anuladas , segundo aprobou hoxe o Consello de Ministros. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aceptara a reclamación da formación Burela Sempre por unha irregularidade nunha das urnas do instituto O Perdouro.
