Compromiso por Galicia celebrou o seu III Congreso, que definiu a formación como "un partido galeguista, progresista e europeísta". CxG, con Juan Carlos Piñeiro Docampo como secretario xeral, proponlles ás "forzas políticas galegas, con centro de decisión en Galicia" a conformación dunha "candidatura unitaria" ás eleccións do 10N. Ademais, anuncia que vai solicitar a súa inclusión no Partido Democrático Europeo.
